EQUIPAMENTO: Parabolt m10 e descolgues con cadea e mosquetón. Para todas as vías é suficiente con seis cintas expres. É útil un cordino para recuperar as cintas, tendo en conta o desplome dalgunhas vías.
ÉPOCA: Todo o ano. En inverno nos días soleados pódese escalar buscando a orientación dos sectores. Sol pola mañá nos sectores “Cova da cabra” e “Eco”. Sol pola tarde nos sectores “Sumidoiro” e “Inverno”.
NÚMERO DE VÍAS: Na actualidade hai equipadas 38 vías, máis algúns proxectos tanto de vías coma de sectores.
TIPO DE ESCALADA: De xeito fundamental trátase de vías cortas sobre desplome de bo canto, outras veces non tan bo. No sector “Inverno” atópanse vías moi alcanzables sobre placa vertical ou lixeiramente tombadas.
DIFICULTADES: Entre III e 7b/b+ (confirmadas, hai algunhas de maior dificultade sen confirmar e algunhas sen encadear e polo tanto sen cotar).
-Vías de ata V+: 30%.
-Vías entre V+ e 6c+: 50%.
-Vías entre 7a e 7c: 20%.
-Vías de octavo: 0% (de momento).
Abertas por Ramón e Ubaldo Vila Anca dende o outono de 2000, despois dun traballo previo de limpeza dos distintos sectores. Co apoio económico da “Asociación de desenvolvemento rural Río Lor”. Primeiras por Ubaldo Vila, Ramón Vila e Marcos Cardelle.
É DEBER DE TODOS CONSERVAR ESTE ENTORNO EN PERFECTAS CONDICIÓNS. NON PISAR OS PRADOS DA ZONA, SON PRIVADOS. NON ARROXAR LIXO DE NINGÚN TIPO.
A escalada é un deporte potencialmente perigoso. A lectura e comprensión desta reseña non capacita por si mesma para a súa práctica. Os autores exímense de responsabilidade en calquera das accións desprendidas da mesma e en concreto de calquera acción de escalada. Do mesmo xeito declaran nulos os datos sobre os aperturistas para o seu uso en calquera proceso xudicial de faltas ou penas.
Localización da zona de escalada de Visuña |
Localización dos sectores |
No hay comentarios:
Publicar un comentario