PÁXINAS AMIGAS

lunes, 14 de noviembre de 2016

OXALÁ...

...aquel día de bochorno non tivera entrado un vento xeado pola miña fiestra despois dunha noite de soño que non foi tal. Souben que te foras antes de sabelo... despois non quixen saber, pero é verdade, xa non estarás nunca. Así sen máis, como unha luz que está a pasar e xa non é máis que ausencia, sombra...
Agora penso e non culpo a nadie de tantos anos fuxidos estando e sen estar. Non sei moito e seino e sabía todo.
Podería dicir que aquel día, sen saber moi ben o porqué, morreu outra parte da esencia que chaman alma; non o direi, só me gustaría despertar pola noite e non darme conta de que é verdade.

Angustioso solpor de outono en Bustelo de Fisteus, como sempre...

No hay comentarios:

Publicar un comentario