PÁXINAS AMIGAS

jueves, 11 de diciembre de 2014

A AVENIDA DOS VOLCÁNS

Que curioso, hoxe é o día internacional das montañas.
Á montaña o mellor que pode levarse é silencio para recoller aínda máis silencio.
É unha noite coma outra calquera, fóra vai o primeiro frío do mes de decembro. Apuro os meus pasos para deitarme o antes posible, igual que as pitas, que diría algún. Na cabeza clavado un rostro triste, dúas ou tres palabras articuladas con prisa e os restos dunha historia con tintes épicos... hoxe non teño que esperar.
Lembro a foto da avenida dos volcáns que fixera dende a ventá dun avión que voaba de Guayaquil a Quito; abrir os ollos para despertar e ver unha imaxe así convírtese en algo revelador. Estaba seguro de que me superaría, esta visión acabaría converténdose en algo máis que unha paixase composta por brétema, terra marrón e conos volcánicos perfectos coroados por neves perpetuas. Sen darlle importancia, aquela tarde, que pudo ser a última, díxeno con voz queda e tranquila: -esta imáxe superarame!
Agora, esta noite, aquí, coas pernas tremendo de medo, non consigo enfocala, énchese de ruido...
De pé, fronte a fiestra o meu corpo retórcese, encóllome, é a dor na parte esquerda do abdome que aparece cando falta osíxeno ao forzar os pasos máis aló de liña vermella. A última vez ela, sin sabelo, estaba alí. Algo tan sinxelo como a fotografía dunha lata de coca cola light recordoume que era real aínda a moitos miles de quilómetros. Si, todo esto é tan recurrente como as palabras escritas rápido na servilleta dalgún bar ou as cousas que deixa a marea na praia durante a noite.
A teima de vivir cada paso como si fora o último sempre estraga os soños máis tolos.
Solía lembrar cun sorriso os días nos que a cama me daba medo, a clarividencia, e o teléfono mudo enriba da mesiña de noite... e, agora que?
Esa foto envolta con mans que tremen de ansiedade suplicando calma, como cando collín a cámara sobresaltado para intentar capturar o que veía dende a ventá do avión, dulcificao todo.
Pidelle un desexo a un "dandelion", sopra e pídelle un desexo...
O val de Teverga no inicio do outono... as mans tratando de formar un círculo cos dedos polgares. Segovia con neve...
A avenida dos volcáns ten unha foto eterna e unha canción que sona enlatada polas noites.


No hay comentarios:

Publicar un comentario