PÁXINAS AMIGAS

miércoles, 30 de octubre de 2013

@ DERRADEIR@ ROMÁNTIC@?

Derradeiro pode equivaler a último, pero non todo o que é último é sempre o derradeiro; segundo a aclaración do diccionario da Real Academia Galega. Dende onte agardo que non fora o derradeiro/a...
Actividade de orientación coas alumnas e alumnos do IES de Quiroga. Fervenza de Vieiros na parroquia da Seara, na Serra do Caurel. Sempre que vou alí, no último recuncho do camiño coloco as mans debuxando un círculo e marmuro o "mantra": OM MANY PADME HUM, OM MANY PADME HUM... non por nada, non entendo, gústame.
Alguén tivo a mesma idea, buscou que a auga da fervenza levara o seu "mantra" a Silvia. Non sei quen é pero, en principio, onde esté pode sentirse afortunada... Si é xusto que chegue, que tampouco o sei, seguro que chegará.




No hay comentarios:

Publicar un comentario