PÁXINAS AMIGAS

jueves, 25 de abril de 2013

QUIROGA I

Estas imaxes pertencen a coleccións particulares que foron dixitalizadas pouco a pouco. A única finalidade de expoñelas aquí  é que estean todas xuntas e podamos botar unha ollada á evolución da nosa paisaxe no tempo. Como non son miñas, véxome na obriga de advertir que queda totalmente prohibida a súa difusión ou reprodución por calquera medio sen o debido consentimento, co risco de crear un conflito para min que son o titular deste espazo.
A meirande parte das mesmas forman parte da colección de Eugenio Bobillo, home inquedo e metódico. Grazas á recompilación que fixo ao longo da súa vida, hoxe podemos coñecer mellor como é o sitio onde vivimos. Alguén dixo: "somos o que vivimos" eu atreveríame a engadir que "somos o que fomos".
O espazo estará sempre en construción e medrará a medida que vaia aumentando o arquivo dixital porque unha imaxe, si non se pode ver ou non se amosa é como si non existira.
Moitas grazas a todos pola comprensión e a axuda para conservar estes anacos do pasado.

These pictures belong to private collections which were digitalized little by little. The main point of exhiving then here is to have then all together so we can have look at the evolution of our landscape in the course of the time. Since they are not mine I have to warm you that their reproduction and use is banned, otherwise it will be a risk on my account as I am the owner of this blog.
Most of the pictures are part of Eugenio Bobillo's collection, a methodic and restless man. Thanks to the compendium he has made all his life, we can nowadays know the place where we live better. Somebody said: "we are what we live", I would dare say more: we are what we were.
This place will always be changing and growing as the same time as the digital file because a picture if I can't be seen or if it isn't shown, it's like if it didn't exist.
Thanks you very much to everybody for the understanding and the help given to preserve these pieces of the past.

Ortofoto do voo americano de 1956?. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende a Conchada (norte). Cronoloxía aproximada 1956. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende a Conchada (noroeste). Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende o sur. Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Quiroga dende a Conchada (norte). Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Eugenio Bobillo na Conchada. Ano 1970. Col. Eugenio Bobillo

Quiroga dende as Penas do Pendón. Ano 1940

Ponte de Vilaverde. Ano 1904. Col. Eugenio Bobillo
Nun documento de 1671 xa se fai referencia á Ponte de Vilaverde da Pousa en Quiroga (atopado na Real Audiencia-Vecinos, leg. 3818, nº27): "...dicha puente está en camino real, vereda desde Castilla a la ciudad de La Coruña y Santiago y la más necesaria de invierno quando se toman los puertos de Cebrero de niebe. Y dicho río de la Quiroga es caudaloso y rápido y que mucha parte del año no se badea ni a pie ni de a cavallo...". No mencionado docmento faise referencia sobre a achega de 469 reais para poñer a mencionada ponte. Aida Menéndez. La Voz de Galicia. Domingo, 16 de maio de 2010. Pax. L5.

Rúa principal de Quiroga dende o estanco. Década dos 40.

Corpus do ano 1963. Parte superior da rúa do Caurel. Col. Eugenio Bobillo

Corpus de 1968. Fronte a casa do Concello dende o Bar Vicente. Col. Eugenio Bobillo


Corpus ano? Dende o "Derroche", cruce da estrada do Caurel. Col. Eugenio Bobillo

Porta de entrada á finca da casa de San Martiño de Abaixo. Foto do libro Fortalezas de Lugo y su provincia de Manuel Antonio Vázquez Seija. Tomo I. Pax. 300

Conxunto da casa de San Martiño de Abaixo vista dende o suroeste. Col. Eugenio Bobillo

Fachadas sur e sureste da casa de San Martiño de Abaixo. Col. Eugenio Bobillo

Fachada norte da casa de San Martiño de Abaixo. Col. Eugenio Bobillo

Entrada oeste de Quiroga, vista dende "a Patrona". Col. Eugenio Bobillo

Centro de Quiroga. Anos 60?

Rúa principal de Quiroga en festas. Anos 70.

Quiroga en festas. Anos 70

Entrada oeste de Quiroga. Anos 70.

Vista de Quiroga e a ponte nova dende Recubao. Ano 1975.

Praza Maior de Quiroga. Ano 1975.

Primitivo "Derroche" antes de 1919 no lugar que despois ocupou o Bar Vicente. Col. Eugenio Bobillo

El Derroche, 1919. Probablemente aínda sen rematar. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Ano 1919. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Fachada da rúa Arroio. Ano 1924. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Ano 1928. Col. Eugenio Bobillo

Saíndo do cine de Quiroga inaugurado no ano 1962. Anos 60. Col. Eugenio Bobillo

Entrada do cine de Quiroga inaugurado no ano 1962. Anos 60?. Col. Eugenio Bobillo

Echente do río Sil ao seu paso pola ponte vella de San Clodio no ano 1959. Col. Eugenio Bobillo

Enchente dos ríos Sil e Quiroga ao seu paso por Quiroga. Ano 1959. Col. Eugenio Bobillo

Gravado da ponte vella da Vergaza.

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

13 comentarios:

  1. Grazas Moncho, e gratificante atopar a alguén que se coide da nosa historia.
    Saúdos. Urbano Nuñez

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Urbano, temos que darlle as grazas a Genucho, o seu arquivo forma parte da nosa memoria colectiva. Trátase de facilitar o acceso a todo este material. Ojalá poda medrar. Saúdos.

      Eliminar
  2. PRECIOSAS FOTOS!! FELICITACIONES POR LA INICIATIVA, DE COMPARTIR TAN MARAVILLOSO TESORO. GRACIAS

    ResponderEliminar
  3. Que buen trabajo,unos documentos de gran valor.

    ResponderEliminar
  4. Qué chulas las fotos!! Pily

    ResponderEliminar
  5. Impresionante Ramón no tengo palabras, un esplendido trabajo de nuestro pueblo

    ResponderEliminar
  6. Hola Raúl, estoy digitalizando más... crecerá pronto. Gracias por la visita.

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas por esta magnífica pàgina. Deseo que todos os que podan aportar màis fotos, pra memoria de Quiroga e pra que os descendientes podan disfrutar, que o fagan.
    Eu son da aldea, pero recordo algunhas imagenes como si fora onte...
    Unha aperta desde a emigración.

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas pola visita. O arquivo medrará. Saúdos dende Quiroga.

    ResponderEliminar
  9. Unhas imaxes moi bonitas.E un moi bo traballo... gracias por enseñarnos o que moitos non coñeciamos..

    ResponderEliminar