Algo máis de 11.000 persoas visitaron a foto titulada "Amanece en el Mont Blanc" colgada no meu álbum da web panoramio.com . Como sempre, moito máis do que agardaba aínda que é unha das fotos máis logradas das que levo feito por ahí arriba. Baixaba canso pero moi satisfeito e disfrutei dun mencer espectacular nestas apaixoantes montañas: o ascenso foi sen luz, empecei a ascender dende Goûter pouco despois das doce da noite para evitar a aglomeración de xente na aérea arista de Les Bosses. A foto está tomada dendeo o Vivac Vallot. Moitas grazas a todos pos disfrutar conmigo desta vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario