Publicado no diario O Sil. Especial de Nadal 2008.
Muíño de aceite de Bendilló.
A elaboración artesanal do aceite no val de Quiroga pérdese na memoria
do tempo e posiblemente achéganos ó pasado romano.
Non é doado precisar dende cando existen oliveiras na comarca de Quiroga, pero todo parece indicar que foron os romanos os seus introdutores, aínda que en determinadas partes da península xa existían oliveiras introducidas polos Fenicios.
Convén apuntar como dato significativo que este recuncho do val do Sil é o único punto do noroeste peninsular cunha prolongación ata Salamanca, onde a oliveira forma parte dos cultivos existentes e non de forma illada, como sucede nalgúns puntos do ámbito sinalado.
A curiosidade dalgúns colleiteiros e o estudo de moitos datos sobre o noso aceite, proporcionou a conclusión de que entre as variedades existentes nesta zona, a máis antiga, podería proceder de Italia; tendo a particularidade de que se reproduce de xeito doado a partir da semente e non da división dunha planta, como é moito máis frecuente. Este aspecto resulta fundamental para asociar a introdución das oliveiras na comarca de Quiroga ó paso dos romanos, xa que unha variedade que se reproduce a partir da semente sería moito máis fácil de transportar dende calquera punto do Mediterráneo e máis dende a propia península italiana.
Produto da existencia milenaria das oliveiras son os muíños de aceite; presentes e boa parte das parroquias situadas nas terras bañadas polo Sil e que gozan dun incrible microclima Mediterráneo; nomes como Montefurado, Vilanuide, Enciñeira, Anguieiros, Vilaster, Bendilló, Bendollo, Soldón, Sequeiros, Paradaseca, Novaes e incluso Hospital, sempre estiveron directamente vinculados ó da elaboración artesanal do aceite.
Tal vez o exemplo máis significativo, por atoparse restaurado dende o ano 1.993, destas singulares almazaras témolo na parroquia de Bendilló, no lugar coñecido como as Farrapas. O muíño de aceite tradicional destas terras é moi sinxelo; consta dunha pía para moer as olivas, mazo para prensar e decantadora. A antigüidade destas pezas é difícil de precisar con exactitude, pero a existencia deste tipo de enxeños na zona pódese relacionar coa presenza dos romanos a partir do século II d. C, e o que semella moito máis claro é que este tipo de maquinarias que atopamos en Quiroga responde a mesma tipoloxía que os empregados polos romanos noutros lugares do seu territorio onde se producía aceite.

O proceso de produción artesanal de aceite nestas terras ten lugar entre os
meses de decembro e febreiro; unha vez realizada a colleita e preparada a
oliva, móense as olivas no muíño formando por unha pedra redonda vertical que
xira sobre unha base cóncava do mesmo material. A pasta resultante prénsase en
capazos de esparto ó mesmo tempo que se lle engade auga. Nun recipiente
(decantadora) recóllese o líquido resultante; alí a diferente densidade dos
líquidos, fai que se separe a auga do aceite.
A promoción e recuperación deste produto é impulsada dende o ano 2001 polo
Concello de Quiroga coa celebración dunha mostra anual na contorna do muíño de
Bendilló secularmente vinculado á produción artesanal do aceite, normalmente a
finais de febreiro ou principios de marzo dependendo da colleita.
O castiñeiro, outro cultivo milenario.
Castiñeiro do souto de Ferramulín.
A particularidade da existencia do cultivo da oliveira na comarca de
Quiroga, hai que engadirlle outro aspecto que chama poderosamente a atención
dalgúns científicos: nestas terras mestúranse dende sempre dúas plantas moi
dispares, a oliveira; propia de terreos calcarios e o castiñeiros, propio de
solos ácidos.
Os soutos de castiñeiros forman una das paisaxes máis típicos dalgunhas
parroquias de Quiroga. Esta árbore, da que podemos ver exemplares centenarios
por boa parte do concello, sempre estivo moi ligada ó xeito de vida da meirande
parte dos veciños. Durante moitos séculos, empregaron a súa madeira para
quentarse, o seu froito para alimentarse e os animais durmían sobre as súas
follas. Incluso a súa flor, a candea, é utilizada polas abellas para a
obtención dun mel de cor, textura e sabor moi característicos.
Como sucedía coa oliveira, non é doado precisar con exactitude cando
apareceron os primeiros castiñeiros nestas terras. Polo de agora non se
atoparon probas de que as castañas foran utilizadas como alimento en Galicia
antes do século I d. de C. Nembargante sabemos que os romanos eran bos
coñecedores das virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio do seu froito e
foron estendendo polos países e lugares que conquistaban as clases froiteiras
do castiñeiro e as técnicas de cultivo empregadas en Oriente. Con toda
seguridade nesta comarca xa habería castiñeiros dos denominados espontáneos e
non cultivados, pero cabe pensar que as variedades que dan boas castañas foran
introducidas polos romanos.
En Galicia, a partires da romanización, o cultivo da castaña estendeuse ata
ocupar case toda a rexión converténdose nun alimento básico, ata que no século
XVIII irrumpira con notable éxito o cultivo da pataca e o millo, ocupando
terras que antes tiñan castiñeiros e dando lugar a un cambio de hábitos
alimenticios.
A medida que se estendeu o cultivo da pataca e os cereais, o castiñeiro foi
retrocedendo, refuxiándose en zonas do interior de Galicia como o Caurel,
Quiroga, Trives e os Ancares, onde se mantén ata a actualidade.
¡Hola Moncho!
ResponderEliminarEmpecé a mirar tu blog, es muy interesante, me encanta. Tendré que volver a visitarlo muy a menudo si quiero leer todo porque es un poco más difícil en gallego... Todas las entradas me parecen muy interesantes.
Gracias por la invitación.
Unha aperta dende Canada,
¡a seguir bien!
Sylvie
Gracias por la visita Sylvie. Con la facilidad que tienes para los idiomas, el gallego no te resultará difícil y así practicas para la próxima vez que nos visites. Un bico dende Galicia. Moncho.
ResponderEliminar