Panos brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
En busca dun caborco
ou dunha valiña
outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos espidos
do Nadal!
Uxío Novoneyra. Os
Eidos.
Nun día así axiña veñen á cabeza os versos de Novoneyra.
Nestas montañas sempre hai un verso... sempre, sempre hai un verso...
Este é un dos meus poemas favoritos, coa grande sorte de que foi un dos que
atopei na vella cinta de Rafa González na voz do propio Uxío Novoneyra.