PÁXINAS AMIGAS

viernes, 23 de septiembre de 2016

GLOBAL: O ALFAREIRO DE BHAKTAPUR

Hoxe descubrinme o bastante triste como para escribir sobre o alfareiro de Bhaktapur.
Como a maioría das historias que veñen a miña cabeza, a do alfareiro de Bhaktapur tamén é triste, ou polo menos, tinguida dunha melancolía pastosa...

Non lembro moi ben que estaba facendo o día 25 de abril de 2015 mentras as placas Euroasiática e India lle deron a Nepal un motivo máis para sobrevivir. Un terremoto, dunha intensidade que casi non miden as escalas, sacudiu inmisericorde boa parte deste país máxico.

11 de maio de 2016
Pouco máis dun ano despois, nos muros de Kathmandú, os meus ollos cansados por interminables horas de aeroporto, atopan consuelo "we will rise again". Nas rúas non vexo xente resignada, vexo xente contenta; o mesmo ruido de sempre, o mesmo orden desordenado, os mesmos sorisos...
A simple vista, no centro desta cidade hipnótica, non fai falla insistir moito coa mirada para darse conta de que o terremoto foi de verdade. Un ano despois as feridas seguen abertas; as irreparables perdas humanas e as reparables perdas materiais.
Non quero mirar... estou entrando na praza Durbar de Kathmandú... teño un nó no estómago, dame rabia o que vexo; é verdade, todo o que nos dixeron era verdade. Os nosos amigos nepalís disimulan a súa dor... a min ocórreseme algo drástico: é como si caira a Catedral de Santiago...

28 de maio de 2016.
Bhaktapur, outro motivo máis para volver a sorrir unha e outra vez en Nepal.
A primeira vez que paseara polas súas rúas caóticas ateigadas de xente, comprendín definitivamente que o mundo, efectivamente, é demasiado grande e bonito e que con Nepal xa non había volta atrás...
-Non, non son só as montañas... que tamén... pero...
Bhaktapur, Little Buddha.
Bhaktapur, Durbar Square... Pasos desordenados en busca dun espazo quente, frenético, cheirento, vivo...
Dame igual o norte, dame igual Pokhara, dame igual a neve que ensombreceu o intento ao Tharpu Chuli, dame igual a sur infinita do Annapurna...
Dende a primeira vez o meu soño nepalí tivo demasiados nomes propios afastados do bafo xélido e mítico que desprende a cordilleira do Himalia sempre cos seus incontables intanxibles: Swayambhunath, Patán, Bhaktapur, Boudhanath, Pashupatinath, Dakshinkali... KATHMANDÚ.
Tiña datos imprecisos pero si, atopo Bhaktapur moi castigada, aquí houbo moitos mortos, demasiados; como en todos os sitios onde houbo algún morto... Lembro imaxes que xa non existen e os ollos pican de mágoa.
Como si non faltara nada, os nepalís afeitos despois de algo máis dun ano, xiran e xiran neste decorado sublime. Eles nunca faltan á cita...
Cinco minutos, poucos pasos máis e estarei na praza dos alfareiros.
Xa hai anos dende a primeira vez. Nin unha dúbida dentro do labirinto, un pulo invisible lévame ata alí incluso sen querer... pero quero. Quero seguir completando a historia do alfareiro de Bhaktapur.
Si, xa estou, é aquí.
A cámara na man...
Pero...
Miro desconcertado.
Asexo.
No seu rincón un novo alfareiro traballa sen levantar a vista do torno eléctrico. Non entendo... Pero...
Non esperaba que non estivera alí.
Non esperaba non atopar na súa vida ao alfareiro de Bhaktapur; esperaba non subir ao Tharpu Chuli, esperaba un tempo endiañadamente malo na montaña, esperaba andar detrás de néboas que corren val arriba para recordar quen manda nos vales do Himalaia...
Non, non esperaba que o alfareiro de Bhaktapur non estivera alí.
Reorganizo os meus pensamentos.
Inicio o ritual de fotografalo todo. Síntome impuro retratando ao novo alfareiro... Levarei o meu recordo, máis documentos para almacenar na memoria e ir colocando nos sitios adecuados.
Dou pasos imprecisos fronte a miles de cacharros de barro listos para cocer. Móvome pantasmal entre os curiosos que xa non ateigan a rúa como antes do tremor...
Marcho.
Volvo a vista atrás.
Volvo a vista atrás.
Volvo a vista atrás...
Gardo a cámara e achégome de novo ata o espazo que ocupaba imponente facendo xirar cunha pequena pértega a roda do torno a un palmo do chan...
Nunha esquina non quixen ver desmontada a plataforma de madeira do torno despois de xirar toda unha vida. Despois de millóns de voltas... Despois de moitos monzóns... Despois de moitos estados de ánimo... Non quero fotos de algo así.
Ao carón do obradoiro as mesmas tendas de sempre e como sempre achégome para levar varios recordos de barro. Compro ben e rápido. Agora non regateo nin polo xogo de relacionarse cos vendedores.
Xa me iba pero non quixen:
-Que foi do alfareiro que traballaba aquí?
-Morreu despois do terremoto.

O alfareiro de Bhaktapur o día 17 de outubro de 2009

O alfareiro de Bhaktapur o día 12 de maio de 2012
Bhaktapur, 28 de maio de 2016


domingo, 18 de septiembre de 2016

BARRANCO DO REGUEIRO SECO. CAMPODOLA. QUIROGA

Unha pequena xoia agochada no corazón do Sinclinal da Serra do Caurel.
Segundo afluente do río Ferreiriño pola marxe dereita entre as aldeas de Campodola e Leixazós, que nace na cunca entre o Alto do Covento e a Poza do Lago.
Compre avaliar caudal, con moita auga hai pasos perigosos despois do R-28 e o R-32.
Aínda que non podemos dicir que sexa imposible, calquera intento de escape unha vez descendido o primeiro resalte, semella complicadísimo ata chagar á ponte de madeira no camiño que une as aldeas de Campodola e Leixazós; daquela, igual que en calquera outro, moita prudencia na consideración do caudal. Con moita auga mellor non entrar.
Compre avaliar capacidade física e técnica. A exploración e medicións realizáronse empregando só ancoraxes naturais, e así segue... na maioría dos casos o acceso á cabeceira é delicado polo esvaradío da rocha. Tamén é delicada a recuperación das cordas nalgún caso, compre ter tamén previsto este tema.
MELLOR ÉPOCA: Todo o ano. Despois de choivas prolongadas, desxeo, ou treboadas, moito ollo co caudal. Primavera e outono, cando había, sería o máis adecuado. O caudal pode avaliarse dende a mesma estrada.
MATERIAL NECESARIO:
-Dependendo do caudal, traxe de neopreno completo. Si se realiza en época de pouca auga, co peto é suficiente.
-Dúas cordas de 40 m.
-Equipo de descenso e ascenso.
-Cabos de ancoraxe.
TEMPOS ESTIMADOS:
-Acceso: inmediato.
-Retorno: con dous vehículos, 10 minutos ata o aparcadoiro de Campodola. Cun só vehículo, sobre 35 minutos.
-Descenso: 2 h 30' para un grupo pequeno e desenvolto.

PODE COMBINARSE CO DESCENSO DO RÍO FERREIRIÑO; OLLO, ASÍ É UNHA ACTIVIDADE BASTANTE DURA POLAS HORAS A EMPREGAR E AS TÉCNICAS A DESENVOLVER.



Chegando ao R-27

R-27

R-27

R-28

R-28




R-32

R-32
  
R-11 baixo R-32


R-11 baixo R-32




R-17

R-17