Foi un ano de demasiadas fotos.
Como sempre intentos desesperados por coller a luz que fuxe endiañadamente rápida.
Frío, emoción, luz cambiante, humidade, escuridade, calma, cor, cansanzo, osíxeno...
Non é doado cabalgar mares tan raros; menos mal que, máis que nada, son só estados de ánimo.
|
Solpor violeta nos vales dos ríos Quiroga e Sil dende o miradoiro de Bustelo de Fisteus |
|
Cumio do nevado Pumarinri. Cordilleira Huayhuash. Perú |
|
Homo habilis. Museo da Evolución Humana. Burgos |
|
Fervenza da Ola ou do Pombar. Cruz de Outeiro. Quiroga |