PÁXINAS AMIGAS

domingo, 30 de noviembre de 2014

CAMIÑO DO FLUXENTO. QUIROGA



Camiño da Cubela dende o Fluxento

Camiño da Cubela dende o Fluxento

Camiño da Cubela dende o Fluxento





jueves, 27 de noviembre de 2014

AQUEL OUTONO

Estaba a piques de rematar o mes de novembro do ano 2003. Chovía con esa chuvia que tan ben coñecíamos os que camiñamos dende hai anos por esta serra; non molesta e concede instantes de luz distinta, o xogo consiste en buscala e tratar de capturala.
Saín da casa, na Seara, coa cámara no fondo da mochila, con rumbo impreciso... Cando levaba dez minutos andando algún trasno dixo: -que fas, non ves? -Vexo oh! Respondín preguiceiro.
Remexín a mochila mal feita, como sempre, e saquei a cámara cargada con diapositivas. Sempre levaba diapositivas cargadas que, unha vez pasados os anos, seguen sorprendendo ao dixitalizalas con moita paciencia na casa: oooh, era así!, pensaba cada vez que veía o resultado na pantalla do ordenador.
Un carrete completo de luces e cores imposibles. Aquel día non pensei nas voltas que chegarían a dar estas imaxes, antes non era así.

Cabana da devesa de Rogueira. Serra do Caurel

Vieiros. Serra do Caurel

Lameiros de Ferramulín. Serra do Caurel

Parte inferior da devesa de Rogueira. Serra do Caurel

Fervenza do Fócaro na Seara. Serra do Caurel

Fervenza grande de Hórreos. Serra do Caurel

A Seara. Serra do Caurel

Lameiros de Ferramulín. Serra do Caurel

lunes, 24 de noviembre de 2014

A FAMOSA FOTO DO VAL DE VISUÑA. ACLARACIÓN

A foto que está a dar a volta ao mundo foi tomada o día 12 de novembro de 2005 ás 16:45 h coa miña vella cámara compacta Olympus X-2 C 50Z, nun formato demasiado pequeno 2560x1920 píxeles, máis ou menos o que permitían este tipo de cámaras hai nove anos.
Esta foto que agora está a causar tanto ruido leva dende o 15 de maio de 2008 na internet, aínda pode verse aquí, sen firmar e non penso quitala: http://www.panoramio.com/photo/10252651
É a paisaxe do val de Visuña dende a estrada que conduce ao alto do Couto, calquera ano pódese tomar unha foto como esta ou parecida.
Non me molesta que se comparta, non me molesta que a xente a vexa, por iso a coloquei na internet hai tanto tempo, nin siquera me molesta que se comparta e non se diga de onde saiu; o que realmente me molesta e que se apropien dela. Resultaría sorprendente que dous fotógrafos, ou tres, ou catro... chantáramos os nosos pés exactamente no mesmo sitio para facer o mesmo encadre.

Val de Visuña. Serra do Caurel

martes, 18 de noviembre de 2014

ARQUITECTURAS E OUTROS ELEMENTOS DA SERRA DO CARUEL E O SEU CONTORNO

Folgoso do Caurel, Incio, Samos, A Pobra de Brollón, Quiroga.
Serra dos Cabalos, serra do Cabreiro, serra de Biduedo, serra da Trapa, Serra do Caurel.
Cabanas, pontellas, pontes, muíños, fornos, portas e pechos...
Calquera estación é boa. En calquera recuncho do camiño están. Algúns xa nin existen...
Deixame disfrutar.

Muíño fariñeiro de Barxa do Lor. Pobra do Brollón

Forno de Cal de Cereixido. Quiroga

Fonte de Fisteus. Quiroga

Casa en Soldón da Seara. Quiroga

Conxunto de muíño fariñeiro e forxa de Ferramulín. Folgoso do Caurel

Casa en Outeiro. Quiroga

Pecho na Seara. Quiroga

Cabana no camiño ferradal. Paradapiñol. Quiroga

Tirador na Seara. Quiroga

Canle de carga do muíño de abaixo na Seara. Quiroga

Fábrica de luz na Seara. Quiroga

Moa do muíño de aceite de Bendilló. Quiroga

Prensa e decantadora do muíño de aceite de Bendilló. Quiroga

Viga e prensa do muíño de aceite de Bendilló. Quiroga

Entrada caasa de Cereixido. Quiroga

Palenque en Parteme. Quiroga

Palenque en Cereixido. Quiroga

Aldea e ponte da Seara. Quiroga

Casa na Seara. Quiroga

Forno de cal e ferrería en Vilarbacú. Quiroga

Muíño de Fondo de Vila no rego de Carballido en Folgoso. Folgoso do Caurel

Muíño fariñeiro de Barxa do Lor. A Pobra de Bollón

Cabana na fervenza de Vieiros. Quiroga

Casa no barrio de Reibarba. Visuña. Folgoso do Caurel

Soldón da Seara. Quiroga

Casa na Seara. Quiroga

Mar de lousa no Pacio da Seara. Quiroga

Sequeiro no Mazo do Soldón. Quiroga

Casa da ferrería de Hórreos. Folgoso do Caurel

Pontella na canle da ferrería de Hórreos. Folgoso do Caurel

A Seara. Quiroga

Ferramulín. Folgoso do Caurel

Cabana no camiño Ferradal. Paradapiñol. Quiroga

Soldón da Seara. Quiroga

Forno de cal de Cereixido. Quiroga

Entrada casa en Vieiros. Quiroga

Pecho. A Seara. Quiroga

Pecho-tirador. A Seara. Quiroga

Pedra de afiar na Carreira da Seara. Quiroga

Muíño fariñeiro de Leixazós. Quiroga

Casas en Leixazós. Quiroga

Muíño fariñeiro de Lourza. Samos

Abellariza das Barxas. Quiroga

Abellariza de Rugando. Quiroga

Muíño fariñeiro de Riba na Seara. Quiroga
Maquinaria do Muín fariñeiro de Riba na Seara. Quiroga

Ferramulín. Folgoso do Caurel

Muíño fariñeiro e forxa en Ferramulín. Folgoso do Caurel

Rúa en Ferramulín. Folgoso do Caurel

Rúa en Montefurado. Quiroga

Pontella no muíño fariñeiro de Renche. Samos

Muíños fariñeiros en San Cristo do Real. Samos

Muíño fariñeiro de San Padro. Incio

Rúa de Seceda. Folgoso do Caurel

Sequeiro na Devesa da Rogueira. Folgoso do Caurel

Casas da caleira de Paradaseca no camiño Ferradal. Quiroga

Soldón da Seara. Quiroga

Muíño fariñeiro de Froxán. Folgoso do Caurel

Abellariza en Paramedela. A Pobra do Brollón

Ponte da ferrería de Paleira en Pacios da Serra. Quiroga

Restos da ponte da ferrería de Roxa Longa en Vilarbacú. Quiroga

Pontella do rego do Fócaro. A Seara. Quiroga
Forno de cal da Seara. Quiroga
Cabanas e sequeiros en Leixazós. Quiroga

Muíño fariñeiro de casa Alvarado. O Incio

Muíño fariñeiro de casa Olmo en Goo. O Incio

Muíño fariñeiro de Vilela en Ponte Lourzara. Samos
Sequeiro no camiño da Fervenza de Vieiros. Serra do Caurel. Quiroga