A mellor
fonte para explicar o achado dos artefactos líticos no lugar coñecido como
a Gándara Chá, na parroquia da Ermida do Concello de Quiroga, é acudir ao
informe das actuacións arqueolóxicas preventivas do ano 2007, redactado con
motivo das obras de mellora da estrada de Quiroga a Folgoso do Caurel.
O
xacemento da Gándara Chá sitúase nun lugar estratéxico xa que era unha zona
natural de circulación (a vía de penetración lóxica dende a Meseta) e a súa
elevada altitude permitía controlar visualmente o tránsito dos grandes
herbívoros polas ribeiras do río Sil, coas súas derivacións cara ao río Quiroga
primeiro e logo cara ao río Ferreiriño.
Ante a
ausencia case total de abrigos ou covas naturais nesta zona, os homínidos tiñan
que vivir en asentamentos ao aire libre. As ferramentas descubertas no lugar
son a principal evidencia destas primeiras ocupacións humanas da zona.
A
aparición de núcleos e lascas demostra que alí se levaron a cabo labores de
talla, así como a presenza de instrumentos (raedeiras, denticulados, coitelos
de dorso, bifaces circulares) indica que tamén desenvolveron outro tipo de
actividades de carácter máis doméstico.
O
conxunto da industria en pedra está feito, como se indicará na explicación,
sobre os cantos de seixo e cuarcita que recollían nas ribeiras do río e
transportaban ata o lugar da Ermida.
|
San Vitoiro, A Ermida e á dereita e no centro a Gándara Chá |
Tirado de: ACTUACIÓNS
ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS. MEDIO RURAL.
CD 102A 2007/679-0
Os
estudos arqueolóxicos na fase de proxecto das obras de mellora da estrada de
Quiroga a Folgoso do Caurel polo alto do Boi detectaron, á altura dos puntos
quilométricos 2'140 e 2'600, a presenza en superficie de artefactos líticos
tallados que polas súas características tecnomorfolóxicas poden encadrarse no
Paleolítico. Froito destes achados estableceuse unha medida correctora,
recollida na Declaración de Impacto Ambiental, consistente na realización dunha
serie de sondaxes valorativas que permitisen caracterizar o interese e a
importancia destes.
METODOLOXÍA
A
proposta de intervención encamiñouse a verificar se a presenza de artefactos
líticos en superficie se correspondía con algún xacemento arqueolóxico de
interese, polo que se deseñaba unha intervención que permitise enmarcar o
conxunto ou os conxuntos de artefactos localizados, no seu correspondente nivel
ou niveis, tentando encadralos no contexto xeral máis amplo dentro da secuencia
xeral que se vén establecendo en Galicia para o Plistoceno Medio e Superior.
Por iso se determinaba a necesidade de realizar un estudo xeoarqueolóxico da
superficie, análise que incluiría a realización de sondaxes, así como a limpeza
daqueles cortes de pistas ou camiños que, aínda que estivesen localizados fóra
da superficie de expropiación, permitisen achegar información para a
contextualización cronolóxica-cultural dos artefactos líticos localizados e dos
niveis sedimentarios aos que se asociasen.
A
intervención estruturouse en dúas fases. Primeira fase: consistente nun estudo
xeoarqueolóxico que contemplaba a limpeza dalgúns perfís xa visibles e a
revisión sistemática da superficie para localizar posibles xacementos
arqueolóxicos, buscando polo tanto agrupacións de artefactos líticos. Segunda
fase: implica a adopción de estratexias na realización de sondaxes, unha
derivada dunhas mostraxes estratigráficas, con base estatística, que buscaba
clarificar a distribución das posibles concentracións, así como a información
tecnomorfolóxica dos conxuntos localizados. Outra consistente na escavación
manual de pequenas superficies distribuídas aleatoriamente en sondaxes de 4 m2.
RESULTADOS
A
revisión e a limpeza de cortes efectuouse sobre unha gabia situada entre as
vides, ao norte da superficie de ocupación dos cortes, que permitiu aclarar que
os depósitos sedimentarios nos que aparecías os artefactos líticos tallados se
superpuñan a unha antiga superficie de erosión que conformou unha plataforma
con recheos sedimentarios de orixe Terciaria, cunha facies conglomerática
constituída por unha sucesión de capas conglomeráticas, areosas e
limosas-arxilosas. Os obxectos aparecen nos sedimentos superiores derivados da
dinámica de ladeira. En ningún destes perfís se atoparon artefactos líticos
tallados, se ben a composición sedimentaria se aproximaba á que se documentou
nas sondaxes realizadas.
|
A Gándara Chá: plataforma con recheos sedimentarios de orixe Terciaria. O estrato superior na actualidade aparece ocupado por sedimentos derivados da dinámica de ladeira. |
|
O mapa do relevo MTD 5 m do Instituto Xeográfico Nacional permítenos observar a situación preponderante da plataforma actual da zona coñecida como a Gándara Chá, entre as cuncas dos ríos Ferreiriño, Ermida e Quiroga, e moi preto do corredor natural do Río Sil. |
Na
revisión superficial desta primeira fase amosáronse uns resultados iniciais que
xa informaran da escasa probabilidade de atoparse con sedimentos que contivesen
un número significativo de artefactos líticos tallados na superficie de ocupación,
xa que na superficie afectada só se localizaron 3 ferramentas e fóra do ámbito
da obra atopáronse só outras 6 e mesmo se constatou a escasa presenza de gravas
rodadas, soporte habitual para este tipo de ferramentas.
Estas
9 pezas que se identificaron en distintos puntos e sen conexión especial non
posibilitan aproximación algunha sobre unha distribución lóxica que permitise
expoñer hipótese sobre unha concentración significativa de obxectos que reflectise
a existencia dun posible xacemento.
SECUENCIA
ESTRATIGRÁFICA
|
Nivel
|
Descrición
|
0 (UE O)
|
Superficie
actual con cuberta vexetal e distintos detritos contemporáneos nos que
aparecen clastos derivados da remoción de capas inferiores polas labores
agrícolas.
|
1 (UE 1)
|
Sedimentos moi plástico
e compactación media, abundas os macro restos orgánicos e numerosos clastos,
fundamentalmente de cuarzo e cuarcita de tamaña pequenos, algún rodado. Tamén
aparecen fragmentos cerámicos vidrados e procedentes de materiais de construción
e algúns artefactos líticos tallados.
|
2 (UE 2)
|
Sedimento de
alto contido arxiloso, no que diminúen os macro restos orgánicos. Contén
clastos de cuarzos e cuarcitas, algúns deles rodados e fragmentados do
substrato pizarroso. Aparecen algúns artefactos líticos tallados e
desaparecen os fragmentos cerámicos.
|
3 (UE 3)
|
Nivel moi
arxiloso e moi plástico. Aparece formando baldosas de xeito alterno con
niveis de degradación do substrato rochoso. Desde o punto de vista
arqueolóxico resulta estéril.
|
4 (UE 4)
|
Nivel arxiloso
estéril de orixe terciaria que se superpón ao substrato rochoso.
|
5
|
Substrato
rochoso (documéntase no perfís ao norte da zona sondada).
|
|
Lasca discoidal de cuarcita (raspador) 5,7 x 5,8 x 1,8. Catálogo da exposición "Gallaecia Petrea" |
|
Núcleo discoidal en cuarzo de pequeño tamaño +/- 5 cm. Catálogo da exposición "Gallaecia Petrea" |
MATERIAIS
|
Nº
|
UE
|
M. prima
|
Tipo
|
Morfotipo
|
1
|
0
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Raedeira
|
2
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
BN2G
|
Biface circular
|
3
|
0
|
Cuarzo-xisto
|
BN1G
|
C.T.B.
superficial
|
4
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
BP
|
Lasca reavivada
de c. bifacial
|
5
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
BN2G
|
Denticulado
|
6
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
|
Fragmento
termoclasa
|
7
|
0
|
Cuarzo-xisto
|
BN2G
|
Marca
|
8
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
BN1G
|
Núcleo
|
9
|
1
|
C.R. Cuarcita
|
BN1G
|
C.T.U.
converxente
|
10
|
0
|
C.R. Cuarcita
|
BN2G
|
Núcleo
|
11
|
1
|
Cuarcita
|
BN1G
|
C.T.U.
superficial
|
12
|
1
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Raedeira
|
13
|
1
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Raedeira
|
14
|
2
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Denticulado
|
15
|
1
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Marca
|
16
|
1
|
Cuarzo-xisto
|
BP
|
Lasca de segunda
orde
|
17
|
2
|
Cuarzo
|
BP
|
Coitelo de dorso
|
18
|
2
|
Cuarzo
|
BN2G
|
Denticulado
|
19
|
1
|
Cuarzo-xisto
|
BP
|
Coitelo de dorso
|
20
|
1
|
Xisto
|
BP
|
Coitelo de dorso
natural
|
21
|
1
|
Cuarzo
|
BN1G
|
Núcleo
|
22
|
2
|
Cuarzo-xisto
|
BN2G
|
Denticulado
|
23
|
2
|
Cuarzo-xisto
|
BP
|
Lasca reavivada
|
24
|
1
|
Cuarzo-Xisto
|
BN2G
|
Denticulado
|
25
|
2
|
Cuarcita
|
BN2G
|
C.T.U. sobre
lasca
|
No
desenvolvemento da segunda fase, finalmente escaváronse 15 sondaxes (2 x 2
metros) dos que 8 achegaron obxectos líticos tallados (4 deles cun só
artefacto), e 7 non achegaron ningunha peza. Unha vez finalizadas as sondaxes,
realizouse unha gabia de 7 m en cada lado e 1,5 metros de anchura, que tampouco
proporcionou artefacto algún.
PALEOLÍTICO
MEDIO. CONXUNTOS LÍTICOS.
Modo 3-Musteriense.
150.000-35.000 anos atrás.
Levallois e talla
discoidal de cuarcita de gran fino e pequenos cantos de cuarcita. Percusión
directa con martelo.
Unha nova especie de homínido,
Homo Neanderthalensis, aparece na escena do Paleolítico Medio. Con máis
fortaleza física que todos os humanos modernos e con capacidades mentais e
cognitivas moito máis desenvolvidas que as especies temperás, esta especie
aplicou unha nova tecnoloxía baseada na produción de pequenas ferramentas de
pedra empregando materiais como o seixo ou a cuarcita. O enfoque xa non está en
producir grandes ferramentas realizadas a partir de guijarros ou grandes lascas
tales como a machada de man bifacial ou coitelas; no canto, as ferramentas están
feitas de pequenas lascas separadas de núcleos seguindo métodos específicos. Isto
permítelles obter obxectos máis estandarizados planeados dende o principio (os
métodos discoidal e Levallois). Estas lascas podíanse empregar directamente ou
retocando os seus bordos para adaptalos a traballos específicos. O tallado de
pequenas ferramentas a partir de lascas permite xestionar a materia prima de
xeito máis eficiente, xa que obteñen máis bordos de cada lasca ou guijarro.
O mellor exemplo deste
método avanzado de planificación é o "método Levallois" que consiste
en obter lascas mediante un complexo proceso, no que mediante diferentes golpes
e retoques obtense a forma final desexada (e planificada previamente).
Os núcleos modelábanse
en ambas caras, dándolles unhas características volumétricas específicas, máis
planos na cara superior. Unha vez o núcleo é modelado e a punta de percusión
foi coidadosamente preparada para un mellor control da ruptura o resultado pode
ser, ou ben unha lasca de forma ovalada cun amplo bordo perimetral (lasca Levallois)
ou estreitas lascas con puntas retocadas (puntas Levallois).
Para usar estes métodos
correctamente necesitaban unha boa materia prima que debía reunir excelentes calidades
de rotura evitando puntos internos débiles ou outras impurezas que puideran
causar defectos durante o proceso de tallado.
A este respecto os
Neanderthales demostraron unha profunda familiaridade coas características da
materia prima existente nos contornos dos lugares onde vivían, dando prioridade
a selección de materiais de gran fino. Para conseguilo, en numerosas ocasións,
terían que viaxar decenas de quilómetros para aprovisionarse de material ao
longo das beiras dos leitos fluviais.
Grazas ao estudo das
marcas do desgaste en varias ferramentas de pedra recuperadas na Cova de Eirós
(Cancelo, Triacastela), sabemos que as puntas Levallois usábanse para cazar
distintos animais; os raspadores e outras pequenas lascas empregáronse para despezar
animais e raspar peles curtidas (posiblemente para facer vestidos) ou madeira
para elaborar lanzas ou outras ferramentas, hai evidencias de que o lume tamén
interviña na súa elaboración.
Os restos líticos do
Paleolítico Medio falan da existencia dun complexo, estandarizado e estendido
proceso de produción, administración e uso dos recursos líticos; frecuentemente
a única evidencia que queda destas comunidades son unha boa testemuña da
complexidade cognitiva e da conduta do Homo Neanderthalensis.
Tirado do catálogo da exposición "Gallaecia Petrea" do ano 2012. Os comentarios aos distintos artefactos líticos, entre os que se atopaban expostos dous da Gándara Chá, é de Arturo de Lombera Hermida.
INTERPRETACIÓN
A composición da mostra, cunha
serie de morfotipos que tradicionalmente serven como tipos característicos de
determinados momentos crono-culturais, podería encadrar o conxunto no
Plistoceno Medio ou inicios do Superior, no que podería corresponderse cun
Paleolítico Inferior (Achelense Evolucionado) ou mesmo se podería encadrar
dentro do Paleolítico Medio, dentro do que nos sistemas clásicos se englobaría
nun Musteriense de tradición Achelense.
Os resultados obtidos permiten
determinar que sobre unha superficie de orixe terciaria; en cuxo sedimento
aparecen diversos fragmentos de materias primas susceptibles de servir de
soportes a ferramentas líticas talladas, houbo momentos no Plistoceno Medio
Final e/ou Superior Inicial, alomenos, grupos de cazadores recolectores que
interactuaron nese espazo ou nas súas proximidades.
Os escasos vestixios localizados
habería que interpretalos como meros achados dispersos que non permiten
certificar, dende o noso punto de vista, a presenza dun xacemento, aínda que
fose en posición derivada, de suficiente entidade como para condicionar o
desenvolvemento normal da obra.
Informe elaborado por Juan A. Cano Pan de Arqueoloxía do Noroeste S.L.U.